Síguenos

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Praia da Concha, Vilagarcía de Arousa 15, 16 y 17 Julio
Atlantic Fest 2022

Escríbenos a atlanticfest@newlive.es

Síguenos

Os Peregrinos

Dous personaxes con tanta personalidade dentro do panorama do pop nacional como son Charlie Mysterio (Los Caramelos, La Ruleta China) e Roger Arias (Roger de Flor, Strange Mystery Flower) que se coñecen a base dunha serie de “peregrinacións” entre Galicia e Madrid. A música de OS PEREGRINOS é como unha road movie, unha xoia que che transporta moito máis alá dos territorios percorridos . O que empezou con Roger desafiando á sorte, pedíndolle a Charlie axuda nunha canción, acabou cunha serie de intercambios, viaxes, desprazamentos, quilómetros e moita, moita inspiración. O resultado foi “Canto Peregrino”, un Mini – LP publicado por Elefant Recordos dentro da súa colección «New Adventures In Pop”. Os seus temas van desde a bossanova cargada de saudade de “Polbo a mugardesa” ás tinguiduras tropicais de “Fuerteventura”, pasando pola elegancia pop de temas como Náufragos. Unha experiencia inesquecible que combina a retranca sentimental de Roger e a delicadeza pop de Charlie. Actualmente, e despois do single “Playa / Musas de Ons” veñen de publicar un disco tributo a Rosalía de Castro coa colaboraciòn de Lia Pamina.

Website

All Sessions By Os Peregrinos

17 Julio 13:00
Escenario Paco & Lola