CASTELÁN · GALEGO

Regístrate

Entrada adiantada 10€
Ata COMPLETAR CAPACIDADE
Prazas moi limitadas

Atlantic Emprende + Gaiás é un espazo de encontro entre profesionais e estudantes da industria musical, tendo como obxectivos o desenvolvemento de mercados, tanto para o sector musical como para aquelas empresas que busquen potenciar o seu negocio traballando coa música como ferramenta.

A música crea emprego, mellora o sistema de saúde pública e contribúe á participación e interacción da comunidade. Xera turismo de calidade e fomenta a rexeneración urbana de forma sostible. A música é unha ferramenta para facer cidades e lugares mellores.

PROGRAMA · 29 FEBREIRO

17:00h BRETT ANDERSON VOCALISTA DE SUEDE
Tardes de persianas baixadas

Conferencia, en formato entrevista, na que Brett Anderson, cantante de Suede, fará un percorrido pola súa traxectoria musical a propósito da publicación dos seus libros Mañanas negras como el carbón e Tardes de persianas bajadas. Neles, revive a súa temperá paixón pola música, os incertos inicios, éxito fulgurante e progresivo derrube dunha das bandas imprescindibles do pop británico. Conducida polo xornalista e presentador de TV, Johann Wald.

18:00h. ALBA BARNEDA AXENCIA CANADA
Creativos de nova xeración. O poder da imaxe namúsica ou na publicidade

Produtora creativa con sede en Barcelona e Londres, CANADA é moi coñecida polos seus traballos en videoclips musicais de artistas como Rosalía, C. Tangana, Bad Gyal ou Katy Perry; e spots publicitarios para clientes como Tinder, Mercedes Benz, Google ou Desigual. A súa participación nun proxecto é sinónimo de innovación e ambición, aplicando un saber facer e un estilo propio que configuran o seu selo de calidade.

19:00h. Javier Mariscal DESEÑADOR
“Fascinar, Sorprender, Convencer”

Na década dos 80, Javier Mariscal realizou os seus primeiros traballos como interiorista e deseñador de obxectos, que moi pronto lle valeron recoñecemento nacional e internacional. Entre os seus proxectos máis coñecidos atópase a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 –Cobi– ou o filme Chico y Rita, dirixido xunto a Fernando Trueba e gañador do premio Goya á mellor película de animación.

RELATORES

BRETT ANDERSON

BRETT ANDERSON

Brett Anderson, cantante de Suede

JAVIER MARISCAL

JAVIER MARISCAL

Entre os seus proxectos máis coñecidos atópase a mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 –Cobi– ou o filme Chico y Rita

ALBA BARNEDA

ALBA BARNEDA

Produtora creativa con sede en Barcelona e Londres, CANADA é moi coñecida polos seus traballos en videoclips musicais de artistas como Rosalía, C. Tangana, Bad Gyal ou Katy Perry

JOHANN WALD

JOHANN WALD

coñecido pola súa faceta como VJ á fronte da canle MTV España–, leva máis de 15 anos dedicado a entrevistar a artistas musicais do panorama independente internacional.

MERCAR ENTRADA