CASTELÁN · GALEGO

Regístrate de manera gratuita

Capacidade limitada.
Acceso de balde previa inscrición.

Regístrate de manera gratuita

Ticket para o xantar
de Luis Veira (25 euros)

(*) O prazo para mercar a túa entrada para o xantar remata o 22 de marzo.

Un encontro entre profesionais, emprendedores/as, empresas e estudantes para analizar as transformacións e desafíos do sector musical.

Que agardan as marcas dun evento? Como se consume música a día de hoxe? Quen decide o que escoitamos? Sabemos aproveitar todas as posibilidades das redes sociais? Como lles afectan os festivais aos territorios que os acollen? Cales son as claves para manter carreiras de longa duración? Como debe afrontar un artista unha entrevista difícil?

A segunda edición do Atlantic Emprende + Gaiás convida a atopar respostas a estas cuestións da man de recoñecidos produtores/as, managers e xornalistas, nunha xornada con concertos das bandas galegas Mordem e Mare Ladson; cunha exposición do deseñador de carteis musicais Xavier Forné; e cunha cita gastronómica da man de Luis Veira, galardoado cunha estrela Michelin.

PROGRAMA · 30 MARZO

12 – 22 h. Exposición de carteis musicais de Xavi Forné (Error Design)

Xavi Forné, autor de portadas de disco para bandas internacionais como Wilco ou The Black Keys, un dos deseñadores de carteis máis demandados.

12 h. A influencia da cultura nos territorios

A influencia dos eventos musicais nas movementos sociais e políticos, de eventos que producen cambios e transformacións e que conseguen facer medrar as cidades nas que se producen.

Convidados: Representantes institucionais pendentes de confirmar. Conducido polo xornalista Javier Becerra.

12 h. A marca que nos marca

Como traballar con sponsors? As claves do apoio das marcas aos eventos musicais. Colaboración coa viabilidade dos proxectos. Como falar coas marcas? Que agardan do teu evento?

Relator: Pedro Álvarez Cortizo, responsable de Patrocinios de Movistar na Zona Norte de España

13.50 h. CONCERTO MAREM LADSON

A artista galego-estadounidense, unha das últimas revelacións da música española, debutou a primavera pasada co seu primeiro álbum que recibiu críticas entusiastas que a levaron a participar en numerosos festivais nacionais.

14.50 h. Xantar en Gaiás polo Cociñeiro Mahou, Luis Veira. [Entrada 25 €]

Menú especialmente deseñado para este evento polo cociñeiro galego Luis Veira, galardoado cunha estrela Michelin polo seu traballo no restaurante Árbore da Veira na Coruña.

(*) O prazo para mercar a túa entrada para o xantar remata o 22 de marzo.
(**) Dispoñible unha opción vexetariana.

17 h. A música que nos rodea

Playlists, soundtracks, series, películas… As vías para conectar coa audiencia están a mudar dun xeito vertixinoso. Quen escolle o que escoitamos? Como se xestiona ese uso? Unha análise sobre os famosos 15 segundos que determinan a elección do consumidor.

Relatora: Keina García (Artica Pro / Mushroom Pillow)

Directora e socia fundadora de Artica, actualmente manager de artistas como Najwa Nimri, El Columpio Asesino, La Habitación Roja, WAS, La Bien Querida, Triángulo de Amor Bizarro, Sr Chinarro…

17. 40 h. O deseño de carteis de música. As claves dun deseño de éxito

Xavi Forné, autor de portadas de disco para bandas internacionais como Wilco ou The Black Keys, un dos deseñadores de carteis máis demandados.

18.10 h. Facer música aos 50

Pode o meu proxecto perdurar no tempo e mesmo revalorizarse? Cales son as esixencias do mercado para poder sobrevivir? O difícil equilibro entre o pragmatismo dos cambios estratéxicos ou o custo de manter a toda costa unha liberdade creativa.

Relator: Miqui Puig

Líder de Los Sencillos, compositor, produtor, locutor, presentador, manager e participante en populares programas de televisión como Factor X ou Operación Triunfo.

18.50 h. Elas cantan, Elas falan

O rol da muller da industria e poder das palabras para enfrontarse ás entrevistas, de que xeito facerlle fronte ás cuestión delicadas que afectan aos artistas.

Relator: Toni Castarnado

Xornalista colaborador en MondoSonoro, Ruta 66, El País e Cadena SER. Autor dos libros “Mujer y música”, “In-Edit. Made in Barcelona” e “Ellas cantan, Ellas hablan”.

19.30 h. Keynote MIM. (Muller na Industria da Música)

Relatora: Maritxu Alonso.

Educadora social, profesora e investigadora feminista. Actualmente compatibiliza o labor docente, a escritura académica e o traballo musical en áreas de Produción e Comunicación, formando tamén parte activa da Asociación MIM.

20 h. A forza da imaxe

Como se consume a día de hoxe a música? Como facer vídeos que te representan e adquiren a túa identidade? Como gravar vídeos para os diferentes formatos: stories, youtube, Igtv…

Relator: Joao Vasconcelos (Canal 180 – Portugal)

Fundador de TV portugués Canal 180, canle premiada en Cannes, dedicada á nova xeración de creadores.

21 h. CONCERTO MORDEM

Elba Fernández embarcouse neste novo poxecto tras finalizar a súa etapa como Jane Joyd. A artista galega pechará esta edición co seus sons máis variados, próximos ao trip hop, o R&B, a música ambiente…

RELATORES

MARITXU ALONSO

MARITXU ALONSO

Educadora social, profesora e investigadora feminista. Actualmente compatibiliza o labor docente, a escritura académica e o traballo musical en áreas de Produción e Comunicación, formando tamén parte activa da Asociación MIM.

JAVIER BECERRA

JAVIER BECERRA

Javier Becerra (A Coruña, 1975) es periodista. Se inició en el periodismo musical en los primeros noventa editando el fanzine Feedback y ha sido colaborador de la revista Ruta 66, entre otras. En el 2001 fue uno de los impulsores de www.feedback-zine.com. Desde el 2007 trabaja en La Voz de Galicia, donde actualmente es redactor de Sociedad y Cultura, así como columnista en la edición de A Coruña y firma habitual en el suplemento Fugas.

KEINA GARCÍA

KEINA GARCÍA

Directora e socia fundadora de Artica, actualmente manager de artistas como Najwa Nimri, El Columpio Asesino, La Habitación Roja, WAS, La Bien Querida, Triángulo de Amor Bizarro, Sr Chinarro…

JOAO VASCONCELOS

JOAO VASCONCELOS

Fundador de TV portugués Canal 180, canle premiada en Cannes, dedicada á nova xeración de creadores.

MAREM LADSON

MAREM LADSON

A artista galego-estadounidense, unha das últimas revelacións da música española, debutou a primavera pasada co seu primeiro álbum que recibiu críticas entusiastas que a levaron a participar en numerosos festivais nacionais.

PEDRO ÁLVAREZ CORTIZO

PEDRO ÁLVAREZ CORTIZO

Pedro Álvarez Cortizo, responsable de Patrocinios de Movistar na Zona Norte de España.

XAVIER FORNÉ

XAVI FORNÉ / ERROR! DESIGN

Xavi Forné (Error! Design), autor de posters para bandas internacionais como Wilco, Masrodon ou The Black Keys, un dos deseñadores de carteis máis demandados.

MIQUI PUIG

MIQUI PUIG

Líder de Los Sencillos, compositor, produtor, locutor, presentador, manager e participante en populares programas de televisión como Factor X ou Operación Triunfo.

LUIS VEIRA

LUIS VEIRA

Creció entre fogones con estrella Michelin pero su pasión por la cocina la forjaron a medias los guisos de su tía abuela, la madrina, y las caldeiradas de su abuelo. Como nació sabiendo que quería ser cocinero, a los 13 años ya estaba aprendiendo en la Escuela de Hostelería de Santiago de Compostela. Veira estrenó su experiencia laboral en los cinco veranos de su época de estudios, con prácticas en diversos restaurantes.

MORDEM

REXISTRO