30 de marzo. Cidade da Cultura.
Museo Centro Gaiás, andar -1. Santiago de Compostela.

Un encontro entre profesionais, emprendedores/as, empresas e estudantes para analizar as transformacións e desafíos do sector musical.

Que agardan as marcas dun evento? Como se consume música a día de hoxe? Quen decide o que escoitamos? Sabemos aproveitar todas as posibilidades das redes sociais? Como lles afectan os festivais aos territorios que os acollen? Cales son as claves para manter carreiras de longa duración? Como debe afrontar un artista unha entrevista difícil?

A segunda edición do Atlantic Emprende + Gaiás convida a atopar respostas a estas cuestións da man de recoñecidos produtores/as, managers e xornalistas, nunha xornada con concertos das bandas galegas Mordem e Mare Ladson; cunha exposición do deseñador de carteis musicais Xavier Forné; e cunha cita gastronómica da man do Cociñeiro Mahou Luis Veira, galardoado cunha estrela Michelin no seu restaurante Árbore da Veira.

Acceso gratuito mediante registro na nosa web.

Atlantic Emprende+ Gaiás.
Capacidade limitada. Acceso de balde previa inscrición en: atlanticfest.com/emprende
Ticket para o xantar do Cociñeiro Mahou, Luis Veira (25 euros):
Menú por confirmar. Prazas limitadas.
atlanticfest.com/emprende